lunes, 21 de marzo de 2011

NNXX de Oroso celebrou a súa cea anual coa súa "madriña" a Senadora María Jesús Sainz


· A senadora popular agradeceu ó presidente da formación, Alexánder Doval, e ó seu equipo, o seu traballo desinteresado polos veciños.

· Doval, resaltou a responsabilidade dos xovenes para saír da crise.

Oroso, 21 de marzo de 2011.- Novas Xeracións de Oroso celebrou a pasada fin de semana, na vivenda do seu presidente, Alexánder Doval, unha cea na que reuniu a membros desta organización político xuvenil a nivel autonómico, entre eles o seu secretario xeral, Juan Francisco López, co obxectivo de estreitar lazos e sumar forzas de cara as próximas eleccións municipais.

A invitada de honra deste encontro, ó que asistiron mais de setenta persoas, foi a "madriña" de Novas Xeracións de Oroso, a senadora María Jesús Sainz, que agradeceu a Alexánder e ó seu equipo o seu traballo desinteresado polos veciños da vila, e que estivo acompañada pola presidenta do BIC de Galicia, Maite Cancelo.

Na súa intervención, o presidente local Alexánder Doval, resaltou a responsabilidade dos xovenes para saír da crise, en palabras de Doval “Galicia ten preto de medio millón de xovenes, polo tanto medio millón de oportunidades que Galicia non pode desaproveitar, nos somos ese medio millón de oportunidades e non vamos a deixar que Galicia nos desaproveite”.

Entre os asistentes tamén estivo o candidato do Partido Popular á alcaldía de Oroso, José Manuel Balado, así como os Presidentes de Novas Xeracións de Noia, Ordes, Negreira, Lousame e Lalín.

Mais fotos e videos no Facebook de Novas Xeracións de Oroso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario