miércoles, 21 de septiembre de 2011

Novo CEIP en Oroso.

A Sociedade Pública de Investimentos licitará a construción do novo CEIP de Oroso por encargo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O futuro centro estará situado no entorno inmediato do núcleo urbano de Sigüeiro cunha superficie de 8.100 mº.

A Consellería xa investiu previamente 61.360 euros na redacción do proxecto construtivo aos que se engaden o 5.499.031 euros da construción da obra que ten un prazo de execución previsto de 18 meses. Deste xeito a Consellería volve a mostrar a súa aposta polo sistema educativo nun contexto de grave crise económica.

O centro ten unha superficie construída de 4.521 metros cadrados. O programa desenvólvese en dúas plantas. Na planta baixa da edificación, rodeando un vestíbulo en dobre altura, atópanse os espazos administrativos e a sala de usos múltiples que está ao carón do ximnasio de forma que se poidan unir formando unha gran sala duns 280 m2, onde se poderán celebrar os grandes actos do colexio. Entre o ximnasio e o pavillón están os vestiarios.

Neste mesmo espazo tamén estarán as seis aulas de educación infantil. Ao outro extremo da entrada atópase o comedor formando o espazo final de acceso público do centro. Detrás deste están todos os espazos dedicados aos servizos e ás instalacións, con acceso desde a rúa.

Por outro lado a planta alta destínase ás doce aulas de primaria. Está conectada coa planta baixa polo en dous puntos principais: o vestíbulo de entrada ao centro e o vestíbulo de acceso ao comedor. Aquí están as 12 aulas de primaria. Anexo ao espazo a dobre altura do vestíbulo atópanse as aulas de pequeno grupo. Ao outro lado, ao carón das escaleiras de acceso ao vestíbulo do comedor, encóntranse as aulas especiais de almacén, recursos, música e biblioteca e un aula da informática que tamén contan coa posibilidade de unirse formando una gran aula de máis de 100 m2.

Deste xeito, e a pesares dos momento de grave crise pola que se atravesa a Consellería volve a demostrar, unha vez máis, a súa aposta polo ensino público dando resposta as necesidades de escolarización dos estudantes galegos.

A XUNTA DE GALICIA DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO, CUMPRE CON OROSO¡¡¡¡¡¡

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/15622/conselleria-educacion-licitara-longo-desta-semana-novo-ceip-oroso

No hay comentarios:

Publicar un comentario