domingo, 30 de octubre de 2011

EMAX.


Esta fin de semana máis de 20 mozos e mozas de Novas Xeracións de Oroso participaron no EMAX, Encontro de Mostras do Asociacionismo Xuvenil de Galicia e Norte de Portugal, que se celebrou en Vilagarcía de Arousa, que reuniu a membros de asociacións xuvenís de toda Galicia e norte de Portugal, desenvolvéronse actividades relacionadas co mundo da formación, talleres, videoxogos, concursos, torneos... Un encontro que serviu un ano mais para intercambiar ideas e experiencias entre xovenes de diferentes entidades e para que as asociacións xuvenís poidamos mostrar o noso traballo.

Dende Novas Xeracións de Oroso queremos felicitar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia capitaneada por Ovidio Rodeiro, por este magnifico encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario