martes, 28 de febrero de 2012

Novas Xeración o teu caron APLAZADO

Novas Xeracións de Oroso exporá o seu proxecto á mocidade nunha serie de encontros informais nas parroquias do Concello

· Coa campaña 'Novas Xeracións ó teu carón' o presidente local da organización, Alexánder Doval, pretende achegar ós máis novos os valores e ideais do Partido Popular

Oroso, 28 de Febreiro de 2012.- Novas Xeracións de Oroso está a organizar unha serie de encontros xuvenís que terán lugar nas diferentes parroquias do concello durante o mes de marzo, coa que pretende aumentar a familia popular no seu ámbito local.

Esta iniciativa, organizada polo presidente local de NNXX de Oroso, Alexánder Doval, nace baixo o lema 'Novas Xeracións ó teu carón', e vaise desenvolver durante os fins de semana, para facilitar a integración dos máis novos no equipo que dirixe.

A campaña comezará o vindeiro venres 2 de marzo as 22:00 no Bar Fernández de Senra, tendo a segunda edición o venres 9 de marzo á mesma hora no Bar Carnota da Grabanxa, e a terceira, no Bar Calviño (Os Pales) de Trasmonte, tamén as 22.00 horas.

A clausura terá lugar o sábado 24 de marzo pola mañá, entre as 11:00 e as 14:00 horas, coa instalación dunha carpa informativa sobre o proxecto de Novas Xeracións e a degustación dunha chocolatada na Praza do Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario