domingo, 25 de marzo de 2012

VIII Congreso Provincial de NNXX.


Onte sábado tivo lugar na cidade da Coruña o VIII Congreso de Novas Xeracións da Provincia, no que foi elixido Presidente Provincial cun 70 % dos votos Ramón Santos. A nosa agrupación local estivo representada con 6 compromisarios que exerceron o seu dereito o voto, e no que a nosa compañeira Alicia Otero foi elixida polo Plenario do Congreso Secretaria da Mesa do mesmo, e no que foi incluído na nova Xunta Provincial o noso Presidente Local, Alex Doval, en palabras de este "este non é un premio para a miña persoa, senón para toda a nosa agrupación local na que se está facendo un moi bo traballo, o mérito é de todos nos" desta maneira Novas Xeracións de Oroso volve a estar situada na cúspide da organización político xuvenil do Partido Popular a nivel provincial.
Na clausura Carlos Negreira, resaltou o papel importantísimo de NNXX e animounos a todos os presentes a seguires traballando en prol dos nosos concellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario